sábado, 7 de maio de 2016

O Mercadillo do PROA en favor do Refuxio de Animais de Cambados


Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria que participan no PROA están moi concienciados coa protección dos animais, así que decidiron reservar unha parte da xornada de clase para organizar un MERCADILLO SOLIDARIO a favor do REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS. E levan traballando sen descanso dende o mes de Febreiro para poder ter todo a punto:
1.    Decidiron os produtos que van facer.
2.    Buscaron información na rede e elaboraron as fichas sobre a confección de cada produto (breve esbozo, materiais necesarios, pasos na elaboración…).
3.    Recolleron nunha lista os materiais necesarios para construílos.
4.    Elaboraron os diferentes produtos e os carteis para promovelos (cadernos grandes e pequenas, marcapáxinas de diferentes estilos, pulseiras de contas e Goma Eva, “vaciabolsillos”, pousavasos de Hama-beads e figuras de globoflexia).
5.    Elixiron a data e a hora para a celebración do mercadillo
6.    Deseñaron o cartel do evento e as invitacións para informar a toda a comunidade escolar da súa celebración.
E agora están dando os últimos retoques aos produtos, preparando os carteis para pegar e as invitacións para repartir, redistribuíndo a aula para adecuala ao evento e organizando algunha que outra sorpresa para o gran día, no que ademais actuarán como punto de recollida de doazóns para o Refuxio.

Anímaste a colaborar? Contamos contigo!

Nesta imaxes podedes ver parte do proceso e dos produtos elaborados, son unha marabilla!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.