luns, 2 de maio de 2016

Adopcións

Estamos en contacto constante co Refuxio de Animais de Cambados e cal foi a nosa sorpresa cando esta fin de semana nos comunican que dous dos nosos alumnos xunto coas súas familias acudiron ao Refuxio a adoptar a dous preciosos cans. Un deles ademais era o avó do Refuxio...Ben por estas familias e só por isto xa vale todo o traballo que estamos facendo.
Pensamos que non serán os únicos sobre todo despois das actividades que temos previstas para as próximas datas.
Aquí vos deixamos as fotos dos adoptantes e os adoptados. Da xenio velos!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.