Pois por fin aquí está!!
Consideramos moi importante que saibades como se fixo este traballo. Os nenos e nenas do Ceip Coirón levan todo o curso aprendendo que os animais teñen que ter uns coidados e que son moi útiles se lles damos a oportunidade de selos. Entre todos conseguiron condensar nunha canción todas estos contidos e o Equipo de Contos co noso fantástico profesor de música ao frente elaboraron un guión para reflexar en imaxes todas estas ideas.
E así naceu "Milo", el é un can de palleiro que pertence á familia do conserxe do noso centro e que este ano fixo varias visitas ao colexio.
Non podemos esquecer aquí o agradecer a moita xente da contorna a súa desinteresada colaboración:
- Milo pola túa paciencia e por ser tan marabilloso.
- Santi e Cruz, por traernos a Milo.
- O Furancho "A de Marcos" (Ganón 34, Meaño), onde se grabou parte do vídeo.
- A Clínica Veterinaria Rubén (Avda de Galicia 36, Dena, Meaño), grabamos alí a "visita ao veterinario"
- Refuxio de Animais de Cambados (Refoxos, Castrelo, Cambados), polas vosas ensinanzas, todo o traballo que fixestes no noso cole e a participación na "conga" cos profesores.
Mirade unhas imaxes de como se fixo Milo




Importantísimo el comunicado del vídeo, la actuación divertida y a los maestros los vamos a llevar de viaje de fin de curso a La Luna.
ResponderEliminarGracias por el comunicado del vídeo, importantísimo. La actuación divertida y los alumnos lo han pasado fenomenal.
ResponderEliminar