Olga presentounos a uns acompañantes moi especiais que non ensinaron como non hai que deixarse gañar polas adversidades, hai que vencelas e seguir adiante coma Nor ou Nora;falounos da adopción dos animais do refuxio e do importante que é tomar conciencia do compromiso e a responsabilidade que adquirimos cando decidimos deixar entrar nas nosas vidas a uns seres tan especiais que precisan do noso cariño e coidados.
Logo chegaron Lilo e Tintín que fixeron as delicias de todos e todas. Deixaron que lles deramos de comer e aí si que se armou...Foi unha tarde fantástica, e quedamos con gañas de máis!Así que ata a vindeira!
O cartel para anunciar a visita que puxemos nos taboleiros do colexio
Nova na prensa:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.