martes, 2 de xuño de 2015

Este ano a temática do Plan Proxecta traballada no Ceip Coirón Dena foi "Os Xoguetes". A aula de 4 ANOS A elaborou durante todo o curso escolar un libro que agora está a viaxar polas casas dos nenos. É un libro interactivo no que se distinguen varios apartados, así coma varias actividades e xogos : "Os xoguetes dos avós", "Os xoguetes de reis", "Os tipos de xoguetes", "Os xoguetes da clase", e "Xogamos todos". Por un lado, mostra as diferentes exposicións e momentos a través dalgunhas fotos en saídas e nos recantos, entre outras cousas. Trabállase a aproximación á lectoescritura, xogos de memoria e as comparacións no tempo (antes- agora). Por outro lado, fai fincapé na igualdade entre sexos nos xogos e o aproveitamento dos materiais reciclados. Espero que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.