luns, 9 de xuño de 2014

XXI CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS NO COLEXIO ABRENTE

O pasado venres 30 de Maio participamos nunha nova edición da Carreira Escolar do Salnés.
 Nesta edición participaron case 1000 corredores dos colexios Santiago Apostol de Soutomaior, San Francisco e Sagrada Familia de Vilagarcía, CEIP Noalla Telleiro, CEIP Coirón Dena, CEIP Rubiáns, San Bartolomeu, CPI Julia Becerra de Barrantes, CPI Mosteiro de Meis, IES Baltar e o noso anfitrión, o Colexio Abrente. Antes de comezar tivemos tempo para quecer un pouco a ritmo de zumba, foi moi divertido... 
 
As carreiras transcurriron sen problema algún e moitos dos nosos nenos e nenas conseguiron medaias, que contentos estaban!! 
 
E non vos queremos nin contar a ledicia dos tres que conseguiron subir ao podio!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.